miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cortes de tráfico na rúa da Ponte de Sar

Cortes de tráfico na rúa da Ponte de Sar
Cortes de tráfico na rúa da Ponte de Sar

Dende as 8.30 h do luns 23 de agosto e ata as 9.30 h do venres 27 a rúa da Ponte de Sar vai quedar cortada totalmente á circulación por mor do arranxo das pedras que compoñen a súa calzada.


Os desvíos para salvar este corte realizaranse polo barrio das Fontiñas e a rúa de Diego Bernal ou pola rúa do Restollal, rúa da Estrada e rúa de Picaños.

Transporte urbano
Debido a este corte a liña 7 realizará os seguintes desvíos:

*Sentido Aríns e Fornás: desde pza. Galicia – rúa do Hórreo – Avda. Lugo – rúa Londres – rúa Fontes de Sar – rúa Diego Bernal (multiusos) e itinerario habitual por rúa Ponte de Sar.
Paradas suprimidas: (462) rúa Castrón Douro; (516) rúa de Sar de Afora nº 90; (194) Colexiata de Sar; (387) Ponte de Sar nº 22.

*Sentido rúa Valle-Inclán: o percorrido inverso, desde a rúa Ponte de Sar por Diego Bernal, rúa Fontes de Sar, avda. de Lugo, Bernardo Barreiro e rúa Curros Enríquez.

Paradas suprimidas: (388) Ponte de Sar nº 41; (195) Colexiata de Sar; (515) rúa de Sar de Afora nº 18; (227) Curros Enríquez nº 25. 
Comentarios
Lo más