O PP considera moi grave non enviar os contratos menores ó Consello de Contas
Tanto CA como o actual Goberno Local deberían ter achegado a relación de contratos menores ao Consello de Contas
O Grupo Municipal Popular, a través do seu vicevoceiro, Ramón Quiroga, explicou hoxe que considera unha “responsabilidade compartida” a falta de transparencia dos gobernos de Sánchez Bugallo e o de Compostela Aberta no envío da documentación do Concello en relación a aos contratos menores do ano 2018 ao Consello de Contas, tal como require a actual Lei de Contratos.
Quiroga Limia destaca que é unha obriga da Administración municipal o envío da relación de contratos menores o que “evidencia que, esta non entrega de datos, imposibilita a labor de control o Consello de Contas de fiscalizar a documentación”, polo que o Grupo Municipal Popular que, considera grave este suposto olvido ou non remisión no envío da relación da contratación que efectúa o Concello.
Por outra banda, o vicevoceiro sinalou que considera unha simple escusa a versión ofrecida hoxe polo Goberno local. En concreto referiu que “non consideramos correcta a desculpa ofrecida pola alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, de botar a culpa a unha plataforma, cando a maioría dos concellos galegos foron quen de enviar dita documentación en tempo e forma ao mencionado organismo fiscalizador”, concreta Ramón Quiroga.
Parece bastante estraño que o Concello da capital de Galicia non teña capacidade para enviar por unha plataforma o que se fai calquera Concello de Galicia.
Por último, o vicevoceiro Popular destacou que é grave dito incumprimento no Concello da capital de Galicia e estamos ante un problema grave que ten que sen que ser corrixido de forma urxente”, xa que foron varios os datos que non se remitiron como os datos do propio Concello, os das fundacións Eugenio Granell e a do Refuxio de Animais; os do organismo autónomo Auditorio de Galicia; e os das Sociedades mercantís de Información e Comunicación Local S.A.; Mecados Centrais Abastos Santiago S.A. e a de TUSSA (Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago S.A.).