miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Celtarys Research, nacida ao abeiro de BioincubaTech, finalista no concurso da Royal Society of Chemistry

Celtarys Research, nacida ao abeiro de BioincubaTech, finalista no concurso da Royal Society of Chemistry
Celtarys Research, nacida ao abeiro de BioincubaTech, finalista no concurso da Royal Society of Chemistry

A incubadora de alta tecnoloxía da USC deu pulo a esta empresa que desenvolve unha tecnoloxía que permite acelerar o descubrimento de fármacos

Celtarys  Research, empresa galega impulsada por investigadores da USC e que desenvolve tecnoloxía para acelerar o descubrimento de fármacos, acaba de resultar finalista no Concurso de Tecnoloxías Emprendedoras da Royal  Society  of  Chemistry do Reino Unido. Este certame valorou diferentes proxectos internacionais relacionados coa saúde, o medio ambiente e a alimentación.

A institución inglesa, con 175 anos de historia e unha das principais comunidades químicas do mundo, recoñece así o traballo de  Celtarys  Research, que deseña e produce ferramentas químicas fluorescentes, sensibles e específicas, mediante unha tecnoloxía respectuosa co medio ambiente que permite  substituír o uso da radioactividade. Deste xeito, a ferramenta  Fluorotools de  Celtarys axuda as compañías farmacéuticas a ser máis competitivas, acelerando o descubrimento de mellores fármacos. “O éxito da presentación do seu proxecto situouna como empresa de referencia no sector, potenciando contactos e colaboracións con entidades internacionais de Alemaña e mesmo Xapón”, segundo explican dende a propia entidade.

BioIncubaTech, a aposta pola saúde

Celtarys, é unha das empresas impulsadas por  BioIncubaTech, a incubadora de alta tecnoloxía para o fomento da innovación, promovida pola USC en colaboración con  Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago, e cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Axencia  Galega de Innovación (GAIN) e polo FEDER.

Proxectos do sector da saúde, como tratamentos para a cardiopatía ou lesións na medula ata solucións relacionadas coa COVID-19, son algunhas das propostas nas que traballan as empresas da incubadora, na que hai tamén proxectos relacionados coa agroalimentación enfocados a dar solucións para o sector, como melloras na xestión das explotacións ou detectores de contaminación na industria alimentaria.

Comentarios
Lo más