miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sete feridos leves tras un accidente laboral en Finsa Santiago

Sete feridos leves tras un accidente laboral en Finsa Santiago
Sete feridos leves tras un accidente laboral en Finsa Santiago

O accidente tivo lugar na mañá do martes

Na mañá do martes, 17 de agosto, produciuse unha deflagración nas intalacións da madeireira Finsa en Santiago de Compostela que provocou feridas a sete traballadores, segundo informa a sección sindical de CCOO, que lles desexa unha pronta recuperación. 

De feito, dous xa foron traballador este mércores, catro están de baixa médica nos seus domicilios e só un permanece hospitalizado —por precaución. Os afectados pertencen a tres empresas auxiliares diferentes —Gama, Masa e Rías Baixas— e atopábanse realizando distintas tarefas cando se produciu o sinistro.

Pola información de que dispón CCOO, «aparentemente cumpríanse as medidas de prevención establecidas» para o tipo de tarefas que se estaban realizando nas instalacións de Finsa.

Con todo, desde a sección sindical de CCOO póñense a disposición do comité de empresa para o esclarecemento do acontecido e para priorizar a seguridade nos traballos que executen.

Comentarios
Lo más