Varios cortes de tráfico na cidade este xoves
Por mor de obras
Este xoves 19 de agosto, pecharase ao tráfico a rúa de Fernando III O Santo, á altura do cruzamento coa rúa da República Arxentina, dende as 7.00 ata as 9.00 horas por mor do arranxo, por parte da empresa Urbaser, dos colectores soterrados situados nese tramo de rúa. Nese horario invertirase o sentido de circulación para darlle saída aos garaxes existentes.
Ademáis, no marco das obras do Proxecto de Construcción Adenda II (Enlace Orbital), conexión da AP-9 co Polígono da Sionlla e coa Autovía A-54 (Santiago-Lugo), a partir do xoves 19 de agosto comezarán os traballos de demolición do actual paso superior da AP-9 que une a rúa da Rexión de Murcia coa rúa da Medorra (San Marcos) para a execución posterior dun novo paso ampliado.
A empresa adxudicataria sinalizará de forma clara o corte e os desvíos alternativos a este punto. A duración estimada para a súa execución é de 6 meses.