miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sol e calor como protagonistas

Sol e calor como protagonistas
Sol e calor como protagonistas

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 24 graos

Non se agardan cambios significativos para o mércores, con Galicia na influencia das altas presións e ventos do nordés. Así, os ceos permanecerán pouco nubrados ou despexados en xeral, con intervalos de nubes baixas e néboas nas primeiras e derradeiras horas do día na metade norte. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará de compoñente norte, máis intenso á tarde.

En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más