Entre o venres e o luns houbo en Santiago 10 sancións por normativa Covid
06:30 18/08/21
06:30 18/08/21
Por reunións de non conviventes, fumar e non usar máscara
De venres a luns a Policía Local de Santiago tivo que propoñer para sanción a dez persoas no seu control de medidas Covid tal e como se reflicte no seu parte de incidencias.
Así, venres serían 4 as persoas propostas para sanción por reunirse con non conviventes fora do horario estipulado. É dicir estaban reunidas na rúa en horario de madrugada.
Por outra banda, o sábado foron 5 as propostas de sanción a persoas por fumar sen manter a distancia de seguridade. Por último, o domingo houbo una proposta de sanción por non facer uso da máscara.