miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta de Goberno aproba a lista definitiva de autorizacións de venda ambulante de artesanía para o ano 2021

A Xunta de Goberno aproba a lista definitiva de autorizacións de venda ambulante de artesanía para o ano 2021
A Xunta de Goberno aproba a lista definitiva de autorizacións de venda ambulante de artesanía para o ano 2021

A alcaldesa en funcións, Mercedes Rosón, deu conta en rolda de prensa dos asuntos aprobados na reunión ordinaria da Xunta de Goberno local, entre os que salienta a aprobación da listaxe definitiva de autorizacións de venda ambulante de artesanía para este ano

A Xunta de Goberno local deu luz verde á listaxe definitiva de persoas autorizadas para o exercizo da venda de artesanía na vía pública nos termos das bases aprobadas na Xunta de Goberno de 11 de maio de 2021. En total concédense 17 autorizacións (16 para postos de artesanía e un para fotografía) que se distribuirán nos puntos fixados nas devanditas bases: 5 na praza da Inmaculada, 8 na rúa Salvador Parga, 3 na praza de Cervantes e un na praza de Fonseca (fotógrafo). A asignación inicial de postos (dado que a partires da primeira semana se inicia a rotación) realizarase en función da puntuación obtida e a orde de prelación escollida.


Con respecto á aprobación inicial da listaxe, acordada o 28 de xuño, estimáronse tres recursos e denegouse unha autorización ao non ter cumprida a condición de pagamento da taxa prevista na ordenanza fiscal 3.24 no prazo dos 15 días hábiles seguintes á apertura do prazo para a recollida da carta de pagamento publicado na web municipal. 
Comentarios
Lo más