Continúa o bo tempo en Compostela
08:00 17/08/21
08:00 17/08/21
As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 15 e os 23 graos
Galicia mantense na influencia das altas presións con ventos do nordés. Así, quedaremos con néboas no interior e nubes baixas no terzo norte ao principio e final da xornada, e ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas non terán cambios significativos ou experimentarán lixeiros ascensos. Os ventos do nordés terán intervalos de moderado durante a tarde, con refachos fortes nas Rías Baixas.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente.