Un ano máis o Celipark entretén aos máis pequenos
Un ano máis, dende o Club de Celi organizan o plan máis divertido do verán para os máis pequenos .
O Centro Comercial As Cancelas organiza un ano máis o Celipark. Do 13 de agosto ao 24 de setembro, no aparcadoiro exterior haberá as atraccións de feira máis populares como o scalextrix, os coches de choque, as camas elásticas ou o tren, que funcionarán con todas as medidas de seguridade e cumplindo a normativa sanitaria.
O horario de apertura do Celipark será de 12:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00 horas de luns a sábado e de 16:00 a 22:00 horas os domingos.
As fichas para utilizar as atraccións poderán adquirirse no despacho de billetes do Celipark ao prezo de 2,5 euros cada ficha ou 10 euros por seis fichas, pero os socios do Club de Celi poderán conseguir a primeira ficha gratis presentando o seu carné no Punto de Atención ao Cliente.
Pero iso non é todo, porque coas túas consumicións de restauración tamén poderás conseguir fichas gratis para as atraccións. Só tes que presentar no Punto de Atención ao Cliente tickets dos locais de restauración ou do cine por valor de 30 euros. Os tickets poderanse sumar, e poderán ser de diferentes días (con datas comprendidas entre o 13 de agosto e o 24 de setembro), co límite dun troco por día.