A semana comeza con baixada de temperaturas
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 18 e os 23
As altas presións continuarán ao noroeste da península Ibérica, deixando a Galicia cun réxime de ventos do norte que traerán aire algo máis fresco. Así, comezaremos a xornada con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no terzo norte. Co avance da mañá os ceos irán quedando despexados, agás no litoral norte onde se manterán parcialmente cubertos. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. O vento soprará de compoñente norte, máis intenso á tarde.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios.