Domingo baixo o sol en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 27 graos
O domingo seguiremos coas altas presións ao oeste de Galicia e con circulación do norte. Unha situación que nos traerá unha tarde de ceos despexados tras unha mañá con intervalos de nubes baixas no extremo norte e algunha brétema no litoral. As temperaturas descenderán lixeiramente, especialmente as máximas; aínda así manterase a sensación de calor no interior. O vento soprará frouxo de compoñente norte, aumentando pola tarde a moderado no litoral atlántico.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral descenderán moderadamente.
Fuente; MeteoGalicia