miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A fin de semana tamén trae sol

A fin de semana tamén trae sol
A fin de semana tamén trae sol

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 31 graos


Non se agardan cambios significativos para o sábado, polo que será unha xornada de novo de tempo seco e de sol en xeral. Nas primeiras horas do día predominarán as nubes baixas no terzo norte e co avance da xornada irán entrando as brétemas por puntos das Rías Baixas. As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos o que ocasionará unha forte sensación de calor pola tarde. O vento soprará frouxo do nordés.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente, a pesar de que oscilarán.


Comentarios
Lo más