O termómetro continúa subindo
As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 31 graos en Santiago
O venres as altas presións situaranse ao noroeste da Península onde seguirán achegando estabilidade e favorecendo a entrada de aire cálido. Amenceremos con néboas en puntos do interior e nubes baixas ao norte. As nubes iranse desfacendo quedando unha tarde de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentras que as máximas ascenderán entre lixeira e moderadamente. O vento soprará de compoñente norte, con réxime de brisas nas Rías Baixas.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán.
Fuente; MeteoGalicia