Ampliación de horario no servizo de transporte público á Cidade da Cultura este sábado
06:30 13/08/21
06:30 13/08/21
De novo a Cidade da Cultura convertirase este sábado no centro neurálxico da vacinación na capital galega
O servizo na liña 9 á Cidade da Cultura verá ampliado o seu horario con motivo da campaña de vacinación que se leva a cabo nas instalacións da Cidade da Cultura.
Os horarios para o sábado, 14 de agosto, quedarán da seguinte forma:Liña 9
Saídas de Casas Novas á Cidade da Cultura: de 8:30 a 15:30 (cada 60')
Saídas da Cidade da Cultura a Casas Novas: de 9:00 a 16:00 (cada 60')