Continúa mandando o sol e a calor
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 27 graos
Galicia permanece na influencia das altas presións, aínda que unha fronte pouco activa deixará ao norte os ceos algo máis cubertos nas primeiras horas. Así, comezaremos a xornada con intervalos de nubes baixas máis abundantes nas provincias da Coruña e Lugo e co avance da xornada os ceos quedarán despexados en xeral, con alternancia de nubes e claros no litoral norte. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado aínda que oscilarán.
Fuente: MeteoGalicia