miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa mandando o sol e a calor

Continúa mandando o sol e a calor
Continúa mandando o sol e a calor

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 27 graos

Non se agardan cambios significativos para o mércores, con Galicia na influencia das altas presións e réxime de ventos do norte. Así, os ceos estarán despexados na metade sur da Comunidade. Na metade norte comezaremos o día con nubes baixas que irán desaparecendo co avance da xornada, quedando algún intervalo de nubes baixas no litoral norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, do noroeste moderado nas Rías Baixas pola tarde.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. Haberá néboas matinais o martes. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que ascenderán moderadamente.

Fuente: MeteoGalicia

Comentarios
Lo más