miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os datos de turismo en Santiago "son aceptables", pero non "optimos"

Os datos de turismo en Santiago "son aceptables", pero non "optimos"
Os datos de turismo en Santiago "son aceptables", pero non "optimos"

Así o apuntou o alcalde en funcións, Sindo Guinarte, a preguntas dos xornalistas

En referencia a afluencia turística, o tamén concelleiro de Turismo sinalou que "dada a situación na que estamos, cunha quinta ola de especial viruencia, os datos de xullo, con aproximadamente un 60% de ocupación, e os de agosto, cunhas previsións de ocupación de case un 70%, "son aceptables", pero non "optimos". Non son, sinalou, cifras dunha tempada normal, aínda que si son mellores que as do ano pasado. Sindo Guinarte recoñeceu que "a situación sanitaria non está favorecendo" as posiblidades de recuperación do turismo internacional, pola situación do noso país e polas restricións adoptadas.


Segundo sinalou, Santiago segue a ser un destino seguro, e que se existe unha mellora na situación sanitaria, as cifras de ocupación de cara a setembro serán máis positivas.

Por outra banda, Sindo Guinarte amosou a súa preocupación e a do Concello de Santiago, pola desaparición "da nosa veciña de Enfesta, que xa vai para dous días. Ténnos mois precupados, ao tratarse dunha persoa de idade avanzada. Estamos traballando na súa localización, xunto á Polícia Nacional, a Dirección Xeral de Emerxencias de Galicia co seu dispositivo de drons, e Protección Civil. Confíamos en ter pronto unha resposta, que oxalá sexa positiva", indicou. 

Comentarios
Lo más