miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O bo tempo comeza a abrirse paso

O bo tempo comeza a abrirse paso
O bo tempo comeza a abrirse paso

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 22 graos

O domingo será unha xornada de transición e con ventos do sudoeste. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto nas provincias de A Coruña e Pontevedra sen descartar precipitacións febles no terzo norte. No leste e sur de Galicia teremos alternancia de nubes e claros en xeral. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste en xeral con intervalos moderados entre a Costa da Morte e Estaca de Bares.

En Santiago teremos ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados.  En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que ascenderán moderadamente.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más