Compostela aspira recibir ao Papa na Peregrinación Europea de Jóvenes en 2022
Este sábado tivo lugar a presentación da Peregrinación Europea da Xuventude (PEJ) a Santiago de Compostela, que se celebrará do 3 ao 7 de agosto de 2022
Santiago de Compostela espera acoller en 2022 a miles de xóvenes de varios países europeos e ao papa Francisco, con motivo da celebración das xornadas de Peregrinación Europea de Jóvenes, informaron este sábado los organizadores de la iniciativa.
Na quenda de intervencións, moderadas polo director do Departamento de Mocidade da Conferencia Episcopal de España (CEE), Raúl Tinajero Ramírez, Sanchez Bugallo sinalou que é un motivo de orgullo para Santiago de Compostela, acoller o próximo ano, esta terceira Peregrinación da Xuventude, "que nos permite coñecer a xóvenes estupendos de moitos países europeos, convivir con eles e velos desfrutar das nosas rúas e da nosa cidade; e que compartan con nós as ideas e a alegría que nos tran". O rexedor destacou a colaboración coa Igrexa e coa Xunta, "para que este encontro sexa un gran éxito". E tamén agradeceu ao Vaticano, a decisión de prolongar o Ano Santo durante todo o 2022. "Espero comunicarlle, nesta mesma Praza, ese agradecemento e esa alegría á Súa Santidade. O alcalde rematou dándolle "moito ánimo" á xuventude: "sodes o noso futuro e a nosa esperanza", sinalou.
A presentación, que se desenvolveu na Praza do Obradoiro, estivo precedida, segundo informou a CEE nun comunicado, dunha peregrinación das persoas asistentes, que saiu desde o Monte do Gozo sobre as deza da mañá. Entre elas, representantes das Conferencias Episcopais de España, Portugal e Italia; membros da organización da JMJ de Lisboa en 2023; do Consello Nacional de Mocidade e da Comisión organizadora da PEJ 22.
Xunto a eles, participaron 150 voluntarios que percorreron simbolicamente os últimos quilómetros do Camiño Francés, uníndose a outro grupo de mocidade que chegou peregrinando desde Roncesvalles.
A xornada continuará pola tarde, con reunións de traballo e encontros formativos do voluntariado, concerto e diversas actividades no Seminario Menor de Belvís.
A peregrinación da mocidade a Santiago, estaba prevista, en principio, para o mes de agosto de 2021 pero, debido á pandemia da Covid-19, trasladouse ao mes de agosto de 2022, despois de que se coñecese a decisión adoptada polo Papa Francisco de prolongar o Ano Santo Compostelán até finais do ano 2022.