miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Popular advirte do fracaso do Goberno de Sánchez Bugallo na elaboración dun Plan de Mobilidade

O Grupo Popular advirte do fracaso do Goberno de Sánchez Bugallo na elaboración dun Plan de Mobilidade
O Grupo Popular advirte do fracaso do Goberno de Sánchez Bugallo na elaboración dun Plan de Mobilidade

A introdución dun requisito de imposible cumprimento para as empresas que aspiraban a redactar o Plan provocou que haxa que reiniciar de novo o procedemento de contratación, de tal xeito, que o documento non estará aprobado ata finais de 2022

O Grupo Municipal Popular advertiu que o Concello declarou deserto o procedemento de contratación dunha empresa que elabore un Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), toda vez, que ningunha das entidades ou dous grupos empresariais que se presentaron ao concurso foron quen de atender a unha condición esixida polo Concello e que se revelou de imposible cumprimento.

A resolución municipal, que pon en evidencia a falta de previsión do Goberno local na elaboración dos pregos de condicións, recae tras un proceso de valoración de ofertas que acumulou un anormal retraso dun ano e que, a xuízo do voceiro Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, “reflicte, unha vez máis, a falta de impulso na xestión do Goberno de Sánchez Bugallo”.

“A Administración local ocupou un ano en escoller unha empresa e, cando se decidiu a resolver o procedemento de selección, descubriu que ningunha empresa podía acreditar unha condición excesiva esixida no prego. É o que ten facer pregos de condicións de costas á realidade do mercado”, sinalou o voceiro Popular.

Bugallo, desmentido

O feito de que o procedemento de contratación quede deserto desminte o anuncio feito polo alcalde de Santiago a principio do seu mandato, no Pleno ordinario de xullo de 2019, cando afirmou que o PMUS estaría redactado en 2021.

Os Populares advirten que o Plan xa non estará listo ata finais de 2022, toda vez que hai que reiniciar o proceso de selección dunha empresa e que o prazo de execución inicialmente previsto será dun ano, de tal modo, que a cidade seguirá a acometer obras de transformación da rede viaria, asumirá o impacto para a mobilidade da nova Estación Intermodal e terá que afrontar a presión de tráfico do Xacobeo 2022 sen a guía e sen as alternativas que debería ofrecer o PMUS.

Comentarios
Lo más