A Intermodal conta cun espazo para paradas breves
06:30 07/08/21
06:30 07/08/21
Está activo desde finales de xullo
Dende o xoves 28 de xullo activouse un novo espazo de uso compartido na rúa Clara Campoamor á altura da Estación Intermodal.
Tras a reorganización desta zona de parada, habilítanse tres usos: dous tramos reservados para transporte público colectivo, outro para taxis, e un terceiro espazo de estacionamento por tempo limitado (10 minutos máximo) para todas aquelas persoas usuarias da estación de autobuses que precisen facer unha breve parada para deixar pasaxeiras/os, descarga de maletas etc...
Deste xeito séguese avanzando na conectividade e acessibilidade da nova terminal.