Piden mellorar os accesos e contorna do colexio Divino Maestro
O deputado popular Borja Verea trasladou que “uns terreos municipais, en metade do barrio de Santa Marta e na porta dunha escola, non poden estar neste estado de abandono e convertidos nun aparcamento ilegal.
Borja Verea, presidente dos populares composteláns, acompañado do concelleiro Jose Antonio Constenla visitaron as instalacións e os accesos ao colexio Divino Maestro no barrio de Santa Marta. Na visita estiveron acompañados por varios membros da ANPA así como pola directora da escola.
No encontro púxose en valor a calidade educativa do centro, especialmente no eido da educación especial, así como a evolución que está transformando o barrio nos últimos anos. Os pais e nais da ANPA compartiron os problemas de tráfico que se xeran na entrada principal en Blanco Nájera. A problemática supón que en moitas ocasións coincidan entrando e saíndo vehículos nesta rúa sen saída e polo tanto producíndose situacións de perigo. Neste senso Verea reclamou que “de cara ao novo curso escolar se dea unha solución para garantir a seguridade tanto dos pais como do resto de veciños que utilizan estos accesos”.
Ademais trasladaron a súa preocupación polo estado de abandono no que se atopan os terreos municipais que lindan coa escola na rúa de Emilia Pardo Bazán e que son utilizados como un aparcamento co perigo que supón para os rapaces e familias que utilizan esta entrada. Estes terreos nos meses de inverno convértense nun Lameiro. O deputado compostelán trasladou que “uns terreos municipais, en métade do barrio de Santa Marta e na porta dunha escola, non poden estar neste estado de abandono e convertidos nun aparcamento ilegal, o lóxico será arranxalos e darlle unha utilidade para todos veciños, dende un aparcamento ordeado ata unha zona verde de uso público”.
Na visita tamén aproveitaron para ver as instalacións da escola acompañados da directora.