As nubes volven a aparecer
As temperaturas oscilarán entre os 14 e os 22 graos
O venres unha fronte fría pouco activa rozará o norte de Galicia, traerá unha xornada de ceos moi nubrados ao norte con chuvias febles máis probables pola mañá. Ao sur, pola tarde, a tendencia será a apertura de claros. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios mentres que as máximas descenderán moderadamente. O vento soprará frouxo de compoñente oeste, rolando a compoñente norte co avance do día.
En Santiago, o ceo alternará períodos con nubes e claros con outros ocasionalmente moi anubrados ou pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o venres e o domingo pola mañá. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso moderado.
Fuente; Meteogalicia