jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O rexistro civil de Santiago habilita un novo número de teléfono para facilitar os trámites á cidadanía

O rexistro civil de Santiago habilita un novo número de teléfono para facilitar os trámites á cidadanía
O rexistro civil de Santiago habilita un novo número de teléfono para facilitar os trámites á cidadanía

No teléfono 981 540 330 resólvense as dúbidas das persoas usuarias, pero as reservas de quenda para atención presencial deben realizarse por internet

O rexistro civil de Santiago dispón desde este xoves dunha centralita cun novo número de teléfono (981 540 330) para facilitar o contacto coa cidadanía. Desde o pasado 22 de outubro é obrigatorio pedir cita previa na web www.xustiza.gal para a atención na oficina, que habilitou este novo número para resolver as dúbidas das persoas usuarias.

 

A reserva de quenda por internet rexistrou 1.939 solicitudes desde a súa posta en marcha ata o pasado 9 de xullo. A maioría das citas -1.038- foron requiridas para fes de vida. O tempo medio de espera para este trámite, considerado urxente, situouse en seis días. O rexistro tamén concedeu 409 citas a través da web para entregar documentación ou outros expedientes; 312, para trámites matrimoniais; 108, para xuras de nacionalidade; e 72, para capitulacións matrimoniais.

 

En www.xustiza.gal, ademais de reservar quenda, pódense descargar algúns dos formularios que hai que cumprimentar, así como as instrucións e a documentación que é necesario aportar para a execución dos trámites. O horario de atención ao público para realizar xestións é, de luns a venres, de 09.00 a 14.00 horas, mentres que para información e presentación de documentación é de 09.00 a 18.00 horas, de luns a venres, e os sábados, de 10.00 a 13.00 horas.

Comentarios
Lo más