jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Hostalaría Compostela reuniuse co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

Hostalaría Compostela reuniuse co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda
Hostalaría Compostela reuniuse co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

Unha delegación da nova directiva da entidade, encabezada polo seu presidente Thor Rodríguez, foi recibida en San Caetano

A Asociación Hostalaría Compostela mantivo  en San Caetano unha reunión co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e co xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia. Ao encontro acudiu unha representación da nova Xunta Directiva da entidade, composta polo presidente, Thor Rodríguez, e os directivos Mayka Mera e Javier Míguez. 

Na xuntanza abordáronse diversas cuestións que afectan á hostalaría de Santiago e comarca na actualidade, especialmente as que teñen que ver coas últimas restricións derivadas da pandemia da covid-19. O presidente explicou tamén cales son os principais obxectivos da Asociación nos vindeiros meses e os proxectos tanto formativos como de dinamización do sector e da cidade nos que xa están traballando.

Esta reunión é a primeira dunha serie de encontros con representantes políticos e institucionais que a nova Xunta Directiva de Hostalaría Compostela pretende realizar para abrirse á sociedade, manter unha actitude de diálogo constante e defender os intereses dos 600 locais asociados que representa na actualidade.

Comentarios
Lo más