Piden ao Goberno local a reparación de varias lousas na beirarrúa de Doutor Teixeiro
Estas pezas quedaron danadas despois da retirada dunha cabina telefónica instalada sobre catro patas de aceiro inoxidable, situada á altura do nº 7 da rúa Doutor Teixeiro
A vicevoceira do Partido Popular, María Castelao, presentará un rogo no Pleno ordinario, que se celebrará este xoves , para que o Goberno local proceda a reparar ou repoñer catro lousas situadas á altura do número 7 da rúa Doutor Teixeiro, onde permanecen os restos da ancoraxe dunha cabina telefónica retirada hai varios meses.
Castelao Torres destaca que, hai varios meses, procedeuse á retirada dunha cabina telefónica instalada sobre catro patas de aceiro inoxidable, polo que o solo onde se ubicaba dita instalación quedou danada, posto que as tarefas para a retirada limitáronse a extraer os parafusos que ancoraban a estrutura, deixando embutidos no mesmo lugar os elementos metálicos que permitían a suxeición das patas, como se pode comprobar na imaxe que se acompaña.
O actual estado desta zona da beirarrúa supón un perigo para os usuarios da vía, xa que pode provocar tropezóns ou caídas nos peóns que transitan por esta zona.