A chuvia non estragou o dia de festa en Compostela
As festarán durarán ata o día 31
Este sábado viviuse un día especial de festa en Compostela que culminou cos fogos do Apóstolo. Antes, ao longo do día foron moitos composteláns, peregrinos e turistas os que disfrutaron da cidade e das distintas actividades a pesares do día gris.
Pola mañá os protagonistas foron os cabezudos na Praza da Quintana con entrada libre ata completar a capacidade recomendada. Pese a que a choiva fixo acto de presenza, esta non impediu que se puidese celebrar o fantástico espectáculo de danza e música dos Cabezudos, toda unha tradición nas Festas Do Apóstolo.
Pola tarde na Alameda houbo teatro e o concerto de Secho “Recuperar”. A guinda chegou pola noite con varios concertos: Combo Paradiso no Parque de Galeras, Milladoiro na Praza da Quintana e Teresa Ferreiro na Praza de Mazarelos.