jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Lily Brick transforma o rostro de Pontepedriña

Lily Brick transforma o rostro de Pontepedriña
Lily Brick transforma o rostro de Pontepedriña

A artista catalá está a realizar unha intervención de gran formato con spray inspirada nas mulleres do barrio no marco do festival feminista de arte urbana e contextual Delas Fest

A fisionomía do polígono de vivendas dos grupos Compostela e Cardeal Quiroga Palacios está a sufrir unha  metamorfose de cor nos últimos días grazas á programación do primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa, o Delas Fest. O barrio de Pontepedriña é o lugar escollido para a intervención artística que acolle a capital galega nesta terceira edición do proxecto, impulsado por 7H Cooperativa Cultural co apoio da Deputación da Coruña, os concellos de Santiago, Ames, Teo e Brión, as empresas Montana Colors, Ibersa, Gadis, E.nova Enerxía e a Fundación Finanzas Éticas.

Desde o pasado martes e até este domingo 25 de xullo, a artista visual Lily Brick (Lleida, 1990) está a realizar un mural de gran formato inspirado nas historias compartidas por veciñanza da zona implicada na convocatoria “Anfitriónate”, lanzada pola organización co fin de promover vínculos e diálogos creativos entre as intervencións artísticas e a comunidade local.Dúas veciñas observan o proceso de creación do mural en Pontepedriña

A artista ilerdense traduciu as historias e vivencias que lle compartiron as participantes, coas que se reuniu virtual e presencialmente, nun impactante relato visual que reivindica a memoria de loita das “mulleres fortes e inspiradoras” do barrio, de tradición obreira popular, encargadas do sostemento da economía familiar e, á vez, do coidado e crianza das súas fillas e fillos. O río Sar, elemento identitario e, antano, motor económico e espazo de encontro para as mulleres da zona é outro dos protagonistas da peza.


Comentarios
Lo más