jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A asemblea apoia unanimemente o preacordo e desconvoca a folga en Tussa

A asemblea apoia unanimemente o preacordo e desconvoca  a folga en Tussa
A asemblea apoia unanimemente o preacordo e desconvoca a folga en Tussa

Asinarase o primeiro convenio que unifica as condicións económicas e laborais tan dispares que coexisten nesta sociedade pública

Esta pasada noite, o preacordo alcanzado no día anterior foi apoiado unanimemente pola asemblea de traballadores e traballadoras de Tussa, co que remata o conflicto que no último mes mantivo mobilizado a todo o cadro de persoal e supón ademais a desconvocatoria de folga prevista para os días 24 e 25 de xullo.

Nos últimos días sucedéronse reunións cos responsables de Tussa e tamén municipais onde se puderon desbloquear as posicións empresariais que impedían o acordo final. Este documento, refrendado agora pola asemblea, inclúe tamén a aceptación de todas os puntos tratados con anterioridade e reflexados nas actas da mesa negociadora polo que agora queda pendente a redacción final de parte do articulado do primeiro convenio de Tussa, unha vez que a parte económica e de dereitos sociais está negociada e pechada.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2022 e terá vixencia desde esa data até o 31 de decembro de 2024. Inclúe unha clausula que permite, a partir de aí, que se actualicen os salarios automaticamente -no caso de que non haxa denuncia previa- nas mesmas cuantías que se fixen nese ano para a función pública.

Ademais desbloquea a suba pendente de 2020 que finalmente será do 1,9% e que será abonada a partir tamén do 1 de xaneiro de 2022, cos seus respectivos atrasos.

As condicións pactadas supoñen igualar nas mesmas a todo o cadro de persoal, a quen neste momento se lle aplican o antigo convenio de Setex Aparki, o convenio galego de aparcadoiros ou do provincial de oficinas e despachos, respectivamente.

Rómpese así con unha situación que provocaba importantes diferencias salariais e de condicións sociais. A antiguedade pasa a un máximo do 25% do salario base en trienios, se ben quen provén dun convenio superior, manterá o seu tramo como condición máis beneficiosa e consolidada no convenio. Tamén se intruduce un plus de compensación quen, por condicións do servizo, teña que ter xornada partida.

Desde o comité de empresa destacan que foi a unidade sindical e a unión dos diferentes colectivos nun obxectivo común o que permitiu á comisión negociadora ter a forza necesaria para acadar este acordo, que califican de moi satisfactorio.

Desde que se someteu a situación de bloqueo da negociación foi unánime o apoio ás medidas mobilizadoras e moi alta a participación nas mobilizacións e medidas de presión, que desbloquearon unha negociación atascada desde hai meses onde se dicía que era imposible o que hoxe xa é unha realidade coa sinatura do acordo.

Comentarios
Lo más