Chega a chuvia a Compostela
08:00 23/07/21
08:00 23/07/21
As temperaturas oscilarán entre os 14 e os 19 graos
Durante o venres unha fronte non moi activa afectará a Galicia, deixando ceos con máis nubes canto máis ó oeste, onde haberá chuvias febles pola mañá. Xa pola tarde iranse abrindo claros no ceo, con algúns chuvascos ocasionais. As temperaturas sufrirán un descenso, máis acusado nas máximas. Os ventos soprarán do sudoeste, moderados en xeral.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o xoves, o venres e o sábado. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.
Fuente: MeteoGalicia