jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Bugallo avoga por "pasos adiante" en Peleteiro e da a coñecer unha proposta que "podría quedar aprobada" en outubro

Bugallo avoga por "pasos adiante" en Peleteiro e da a coñecer unha proposta que "podría quedar aprobada" en outubro
Bugallo avoga por "pasos adiante" en Peleteiro e da a coñecer unha proposta que "podría quedar aprobada" en outubro

O alcalde explica á Comisión Mixta do Peleteiro que a proposta de urbanización que contempla a apertura da praza cara San Pedro de Mezonzo, é a que conta con todos os informes favorables

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, expuxeron, ante a “Comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro”, as tres alternativas de modificación puntual do PXOM no ámbito do PERI-12 (antigo colexio Manuel Peleteiro). Tres propostas, que xunto a outra que están últimando os técnicos municipais, son as que se “que se van levar para a Declaración Ambiental Estratéxica, ao pleno do videiro día 29” de xuño. Este é o primeiro documento para poder iniciar o procedemento de modificación do planeamento.  


Previamente, Sánchez Bugallo e Mercedes Rosón explicaron estas propostas aos medios.  O proxecto Peleteiro, “fundamental”, segundo o alcalde, para a zona do Ensanche e para o conxunto de Santiago, “é unha das grandes actuacións”, xunto á Intermodal, “pendentes ou en marcha”, que cambiarán, dun “xeito cualitativo” a posición do Ensanche en Compostela, consolidándoo como centro da cidade xunto ao casco histórico. “Consolidar esa peza é moi importante”, engadiu, “é compre facelo o mellor posible”, con solucións válidas de cara o futuro, “pensando nunha perspectiva de 50 ou 75 anos”. 

As propostas que se van levar ao pleno de xullo son: 

  1. A proposta contemplada no ordenamento vixente, o “punto de partida”, segundo explicou o alcalde. Os parámetros fundamentais desta ordenación parten dun aproveitamento de 23.500 metros cadrados edificables, ca cesión dun espzo libre de uso público de 1395 metros cadrados de solo, e dun local para equipamento comunitario acondicionado de uso público de 900 metros cadrados. 
  2. A proposta que, subliñou Sánchez Bugallo, “desde o punto de vista do goberno municipal, dos técnicos e da propiedade está perfectamente encaixada e definida” é a que plantexa a apertura da praza cara San Pedro de Mezonzo, en dirección Leste-Sur, de xeito que se reduzan as sombras e se mellore o soleamento; e ao mesmo tempo conserva a apertura cara República Arxentina, duns 13 metros de ancho. En concreto, nesta proposta, dótase á praza dunha maior apertura cara a rede viaria, duns 50 metros, duplicando os valores anteriores, o que favorece a entrada do sol e a redución das sombras, tal e como explicou a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón. Con esta xeometría dase solución ao desenvolvemento no espazo privado da dotación de 400 prazas de aparcamento fixadas na proposta inicial. E á súa vez, resolve os accesos rodados aos aparcamentos senllas rúas, de xeito diferenciado, o que contribuirá a desconxestionar o tráfico da zona. A ordenación de volúmenes contempla tamén un retranqueo ás edificacións da Rúa da Rosa, xerando un patio interior do quinteiro de fondo homoxéneo, en canto á nova ordenación se refire. Esta solución tamén pecha o quinteiro na súa totalidade, en canto á ordenación de volumetría. E ao abrir a praza tamén cara República Arxentina, favorece o tránsito peonil propio do Ensanche, e a comunicación entre esta rúa e San Pedro de Mezonzo. Esta proposta, sinalou o alcalde, “é a que consideramos máis acaída, e a que conta con todos os informes favorables”, incluido o visto bó da propiedade. 
  3. Unha variación estudando a apertura da praza cara República Arxentina, que segundo explicou o alcalde, “estase ultimando”, por parte dos técnicos. 
  4. A cuarta recolle a proposta de Compostela Aberta, coa apertura principal da praza cara República Arxentina. O alcalde sinalou que “acaba de asinar a instrución, ordenando aos técnicos municipais que emitan o informe sobre a proposta” para presentala, xunto ás demáis, no pleno do día 29. O rexedor agradeceu a CA que fixera “ese esforzo de presentación”, aínda que aclarou, nesta proposta, “non nos costa a conformidade da  propiedade”. No caso de que se aprobe a Declaración Ambiente Extraordinaria, “abriríase un proceso” que permitirá, subliñou, estudar esta proposta en profunidade. 

Sánchez Bugallo sinalou que para a que a proposta de CA salia adiante, faltan seis votos, e para que saia a proposta defendida polos técnicos e polo goberno municipal, faltan tres. O alcalde apelou á responsabilidade do PP, para que se defina a favor dunha “posición realista e razonable”. Neste momento, o grupo popular, aposta por mercar o edificio, algo que para o rexedor é inviable: “nin está no orzamento municipal, nin tempos posibilidades económicas, nin temos capacidade para facelo”. 

O alcalde espera seguir avanzando, dada a importancia do proxecto Peleteiro para a cidade; que a declaración ambiental estratéxica “se aprobe no pleno” e que de xeito paralelo, se busque unha solución de consenso para este espazo. Tería que ser unha opción, indicou, viable, que conte co visto bó da propiedade. En todo caso, sinalou desde o goberno municipal “aceptaremos a decisión plenaria”. 

A “Comisión mixta para o desenvolvemento urbanístico da parcela do antigo colexio Peleteiro” está formada por representantes dos catro grupos municipais e das asociacións veciñais e de comerciantes Raigame, Proxecto Em-Rede, Agadea, Punto Compostela e Santiago Centro. 

Comentarios
Lo más