O termómetro pasará dos 30 graos
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 16 e os 31 graos
Continuamos con influencia anticiclónica sobre Galicia, ó que hai que engadir unha entrada de aire cálido desde latitudes inferiores. Deste xeito, os ceos estarán despexados en xeral, con algunhas nubes no extremo norte. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos no interior, moderado no terzo norte, con intervalos fortes entre Bares e Costa da Morte.
En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e altas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que ascenderán moderadamente.
Fuente; Meteogalicia