Volta a casa na penumbra tras O Son do Camiño-Perseidas
Varios usuarios denunciaron a este medio a falta de iluminación na saída do recinto dos concerto ata San Lázaro co peligro que esto conleva
Por motivos de seguridade os autobuses non poderán circular pola estrada que conecta o estadio co recinto de concertos (Rúa das Estrelas) xa que a vía non está capacitada para que conviva o tráfico rodado cos peóns de forma que garanta a seguridade de ambos. Polo tanto, os vehículos particulares, taxi ou autobuses só poden chegar ata a zona de San Lázaro-Vero Boquete.
Esto sucedeu noutras ocasións durante a celebración do festival pero tralo primeiro, e gran, concerto tanto de Gaudi como de Rozalén, varios usuarios denunciaron a falta de iluminación extra que outros anos si ten habido.
Cando chegas á avenida da Estrela, unha vez pasada a rotonda máis próxima ao recinto, a rúa non ten ningún tipo de iluminación e, as horas que acaba o concerto, con noite pechada e case sen lúa estos días, o que hai por diante é máis de un kilómetro de oscuridade sen vivendas e, se saes antes da finalización do concerto, como foi o caso de varias usuarias que denunciaron a situación, case sen xente.
Tengo en conta o menor aforo de este no e saída escalonada por motivos de seguridade, este feito faise aínda máis grave para, principalmente, as usuarias que acoden soas ou en grupos pequenos á cita ca múscia.