Sol e comeza a subir o termómetro
En Santiago as temperaturas oscilarán entre os 13 e os 22 graos
O mércores será un día de influencia anticiclónica e con circulación do nordés. A xornada preséntase con ceos pouco nubrados ou despexados ao sur e ceos máis nubrados canto máis ao norte e posibilidade dalgunhas precipitacións, con tendencia á apertura de claros pola tarde. As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos ao sur. O vento soprará de compoñente norte moderado, con intervalos fortes no litoral da Costa da Morte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso notable.
Fuente; MeteoGalicia