jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Piden ao Goberno local “transparencia e responsabilidade” no proceso selectivo dunha praza interina de xornalista que só conta con probas subxectivas

Piden ao Goberno local “transparencia e responsabilidade” no proceso selectivo dunha praza interina de xornalista que só conta con probas subxectivas
Piden ao Goberno local “transparencia e responsabilidade” no proceso selectivo dunha praza interina de xornalista que só conta con probas subxectivas

O vicevoceiro popular, Ramón Quiroga, insistiu en que “chove sobre mollado” despois de que o Goberno local levase ao anterior Pleno decenas de prazas a funcionarizar ou laboralizar

O vicevoceiro do Grupo Popular, Ramón Quiroga, solicitou en rolda de prensa, “transparencia e responsabilidade” ao Goberno local, na resolución do proceso selectivo dunha praza de Xornalista, toda vez que as probas a realizar non parecen garantir unha mínima obxectividade. Esta praza terá unhas retribucións entorno aos 30.000 euros e poderá ser ocupada inicialmente ata por catro anos.

Neste senso, Ramón Quiroga amosou a preocupación do Grupo Popular, posto que hai preto de 100 xornalistas presentados, que todos loxicamente teñen as súas aspiracións lexítimas. En concreto, referiuse á convocatoria publicada o 15 de abril, que se está a desenvolver nestes días, cunha proba que consiste só na valoración dun caso práctico, sen que tan só se faga un mínimo test que obxetivice o proceso, como se ten feito noutras convocatorias.

Para o Grupo Popular, esta decisión do Goberno municipal de só establecer un mero caso práctico unicamente sometido a meros xuízos de valor, fai que o proceso estea sometido a unha completa discrecionalidade, que pode facer que os preto de 100 aspirantes se sintan desamparados.

O vicevoceiro, Ramón  Quiroga, insistiu en que “chove sobre mollado” despois de que o Goberno local levase ao anterior Pleno ordinario decenas de prazas a funcionarizar ou laboralizar.

Quiroga Limia subliñou que o máis relevante é que esta cobertura se fai despois de coñecerse unha nova sentenza de hai uns días do Tribunal Supremo, que establece que os interinos, con máis de tres anos, poderán practicamente quedarse no Concello, xa que logo, aos tres anos o Tribunal Supremo di que son indefinidos da Administración.

Toda esta situación, leva ao Grupo Municipal Popular a que se extremen as garantías na resolución da convocatoria ou que o Goberno local opte por reiniciar o expediente establecendo probas con garantías obxectivas, todo elo en beneficio dos case 100 profesionais que optaron a mesma.

Comentarios
Lo más