jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Os maiores de Brión participan nun obradoiro de elaboración de camisetas

Os maiores de Brión participan nun obradoiro de elaboración de camisetas
Os maiores de Brión participan nun obradoiro de elaboración de camisetas

Os veciños e veciñas de Brión que participan nas actividades de reencontro, organizadas polo Concello de Brión, veñen de celebrar a súa segunda xornada no centro social polivalente.

Se a primeira sesión foi unha toma de contacto cos talleres de memoria, desta vez o obradoiro correu a cargo da monitora de manualidades, que lles propuxo a creación de cadansúa camiseta.

Durante as dúas horas que durou a actividade, estes veciños e veciñas, maiores todos eles de sesenta anos, deron renda solta á súa creatividade e estamparon sobre as súas camisetas unha serie de deseños elaborados previamente durante as clases. A maioría dos homes optaron por estampar a cabeza dunha vaca a través dun valado con forma de corazón; mentres que elas repartíronse entre uns deseños florais e un retrato dunha muller de costas.  

Estes obradoiros de reencontro son unha iniciativa gratuíta do Concello de Brión para animar aos veciños e veciñas maiores de sesenta anos a retomar as actividades e as relacións que mantiñan antes da Covid-19. Teñen lugar todos os xoves, en horario de 10:00 a 12:00 horas, no centro social polivalente. As próximas sesións consistirán nun paseo guiado por Pedrouzos (xoves 15), un obradoiro de elaboración de tartas (xoves 22) e unha visita ao Pazo do Faramello (xoves 29).

Comentarios
Lo más