Domingo de sol e posibilidade de chuvia pola noite
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 14 e os 25 graos
s altas presións iranse debilitando progresivamente durante esta xornada, cunha fronte pouco activa rozando o norte ó final do día. Con esta situación, agárdase unha mañá con algunha néboa tanto no litoral atlántico como en puntos do interior e unha tarde de progresivo aumento das nubes. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, pero as máximas comezarán a descender, notándose a baixada nas provincias da Coruña e Pontevedra. Os ventos soprarán frouxos variables pola mañá, sendo do noroeste pola tarde, cun progresivo aumento na súa intensidade.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados, aínda que ocasionalmente poderán atoparse moi anubrados. Agárdanse precipitacións o domingo e o luns. As temperaturas serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado.
Fuente;MeteoGalicia