jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Comeza o envío postal dos recibos de IBI

Comeza o envío postal dos recibos de IBI
Comeza o envío postal dos recibos de IBI

Tanto rústico como urbano

O servizo de Xestión, Recadación e Inspección do Concello de Santiago, comezou este venres 9 de xullo, o envío por correo postal dos recibos non domiciliados correspondentes ao IBI (Imposto de Bens Inmobles) tanto rústico como urbano.

En todos os recibos figura a nova modalidade de ingreso, que recolle dúas datas de pago. A primeira delas, co importe principal e o prazo de abono. Se non se ingresa o importe no prazo establecido, amplíase a data de pago por outros 15 días, pero incluíndo nese importe o recargo do período executivo, que é dun 5%. 

Comentarios
Lo más