As nubes deixan paso ao sol
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 12 e os 22 graos
O xoves quedaremos baixo influencia anticiclónica en Galicia. Teremos así unha xornada de tempo seco, con ceos nubrados ao norte e néboas no interior pola mañá, e unha tarde de ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas estarán en ascenso, máis acusado na metade sur da Comunidade. O vento soprará frouxo, do noroeste durante o día, rolando a nordés pola noite.
En Santiago teremos ceos con nubes e claros ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán baixas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso notable.
Fuente: MeteoGalicia