As listas dos servizos complementarios, ¿para cando?
Iso é o que se preguntan as familias de Ames que cumplimentaron en marzo a documentanción para a renovación de plaza nos servicios de madrugadores, comedor ou tardes divertidas
As familias de Ames están fartas de esperar por unhas listas que non chegan. Así o transmitiron a este medio ante a impasividade do Concello.
Como cada ano, entre o 1 e o 31 de marzo, apróximadamente xa que sempre hai plazos extra, as familias que querían renovar plaza nestes servizos tiveron que presentar a documentación pertinente. Unha vez presentada, abriuse o plazo para novas matrículas. Ata ahí todo ben.
O problema chega cando a día 7 de xullo o listado de renovación segue sen estar publicado cando os de novos admitidos si o está, de feito xa teñen aberto o prazo de matrícula. Nunca se tardara tanto en ter a notificación e ante as protestas dos usuarios o concello publicou o pasado 9 de xuño o seguinte aviso:
As listas provisionais de admitidos e excluídos correspondentes ás renovacións dos servizos complementarios do curso 2021/2022 se publicarán nun prazo estimado de 10 días