jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Comeza a mellorar o tempo

Comeza a mellorar o tempo
Comeza a mellorar o tempo

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 13 e os 20 graos

O mércores continuaremos nunha zona de chuvascos, con circulación do noroeste. Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con chuvascos illados e ocasionais, que irán remitindo pola noite. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do noroeste, frouxos en xeral.

En Santiago, teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o martes e o mércores. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso notable.

Fuente; Meteogalicia

Comentarios
Lo más