jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

21 maiores de 60 anos de Brión participan nas actividades gratuítas de reencontro

21 maiores de 60 anos de Brión participan nas actividades gratuítas de reencontro
21 maiores de 60 anos de Brión participan nas actividades gratuítas de reencontro

Un total de 21 veciños e veciñas de Brión, todos eles maiores de sesenta anos, participarán todos os xoves de xullo nas actividades de reencontro organizadas polo Concello de Brión.

O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero, foron os encargados de darlles a benvida no centro social polivalente.

“A nosa intención é que estas xornadas sirvan para que os nosos maiores se volvan encontrar entre eles e cos monitores despois dun ano coas actividades paralizadas pola Covid-19”, explica Rosa Romero, “e que isto serva tamén para ver a posibilidade de reiniciar os obradoiros de memoria, manualidades, ximnasia.... o vindeiro mes de outubro”.

Obradoiros e visitas

Os maiores brioneses participarán en catro xornadas de verán, que terán lugar todos os xoves, en horario de 10:00 a 12:00 horas. As actividades levaranse a cabo coa adopción de todas as medidas sanitarias, entre elas a división dos participantes en pequenos grupos de seis ou sete persoas.

Para este xoves 8 de xullo está previsto a realización dun obradoiro de manualidades. Se o tempo o permite, o xoves 15 farán unha camiñata pola contorna de Pedrouzos, guiados polo técnico de Deportes, José M. Trigo. Para o xoves 22 de xullo queda un obradoiro de elaboración de tartas e, como peche final da iniciativa, o xoves 29 haberá unha visita ao Pazo do Faramello.

Comentarios
Lo más