jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Traballadores de Tussa concéntranse na intermodal de Santiago para denunciar que siguen sin convenio colectivo único

Traballadores de Tussa concéntranse na intermodal de Santiago para denunciar que siguen sin convenio colectivo único
Traballadores de Tussa concéntranse na intermodal de Santiago para denunciar que siguen sin convenio colectivo único

Denuncian que tras dous anos segue sen asinarse un convenio colectivo que unifique as condicións laborais

Convocados polo Comité de Empresa, os traballadores e traballadoras da empresa municipal de mobilidade de Santiago, TUSSA, concentrábanse diante da pasarela da nova Intermodal en demanda da sinatura dun convenio colectivo que unifique as condicións de traballo do cadro de persoal. Denuncian que na empresa conviven tres convenios colectivos diferentes (o convenio galego de Aparcadoiros, o provincial de Oficinas e Despachos e o antigo convenio da empresa Setex Aparki). Hai máis de tres anos que existía un compromiso municipal para as bases da súa sinatura e reclaman que rematen os retrasos e a falla de vontade negociadora.

Con esta concentración queren amosar o cansancio e enfado do cadro de persoal ante o que consideran falla de vontade para cumprir o mandato do consello de administracion de Tussa onde se acordara impulsar a sinatura do primeiro convenio que unificase as condicións de traballo.

Denuncian a anomalía que supón esta situación de diferenzas canto a condicións laborais e salariais entre o persoal e demandan que se unifique nunha única norma laboral. “Hai 3 anos comezamos un camiño para igualar as condicións e negociar un convenio de empresa que dera seguridade xurídica a todas as partes”, lembran. A primeira parte fíxose, ao seu entender, satisfactoriamente no ano 2019, dando un primeiro paso para equiparar economicamente e a xornada laboral de todo o persoal.

Pero logo na negociación do convenio, denuncian o cambio de marcha e a escasa vontade por ramatar a negociación. Foi tras as reunións do comité de empresa cos grupos municipais e levalo ao pleno do concello, que a mesa negociadora se volveu reunir no mes de xuño tras estar paralisada desde febreiro de 2020. Desde o comité de empresa non entenden tanta demora e din que hai moitos meses que a actividade da empresa funciona ao 100% e destacan que urxe rematar esta negociación xa que na actualidade son moi diferentes os dereitos e as remuneracións, destacando as piores condicións dos traballadores que estaban en Tussa antes da municipalización da Grúa e Ora.

Neste sentido lembran que aínda se lles acaba de aplicar a suba salarial de 2021 e que aínda non viron a de 2020.

Denuncian tamén que coa cantidade de cousas que pasaron neste último ano, nomeadamente aquelas que lles afectan directamente -como a mudanza para a nova estación de autobuses, a reestruturación do servizo de guindastre, agresións no guindastre, a negociación do convenio colectivo, a suba anual ou o “multamóbil”- teñan información antes polos medios de comunicación que pola empresa.

Anuncian que, no caso de non rematar con un acordo en próximas datas, continuarán coas mobilizacións sen descartar nengunha medida de presióna ante o que consideran un abandono por parte dos responsables municipais.

Comentarios
Lo más