jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

A semana comeza gris e con chuvia

A semana comeza gris e con chuvia
A semana comeza gris e con chuvia

As temperaturas oscilarán entre os 15 e os 20 graos en Santiago

Unha fronte afectará a Galicia na segunda metade do día. Así, o ceo estará parcialmente cuberto na franxa atlántica e máis claros na metade leste do territorio pola mañá. Co avance da xornada a chegada da fronte fría polo noroeste deixará precipitacións xeneralizadas na tarde e noite. As temperaturas experimentarán entre un lixeiro a moderado ascenso. O vento soprará do sudoeste, moderado pola mañá, aumentando a forte pola tarde, sobre todo no terzo norte.

En Santiago,  ceos moi anubrados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios, a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o luns pola tarde.

Fuente; Meteogalicia



Comentarios
Lo más