Os pensionistas de Compostela volven a concentrarse este luns
06:30 05/07/21
06:30 05/07/21
Como fan cada primeiro luns de mes
Os pensionistas de Compostela volven a concentrarse na praza do Obradoiro ás 12 da mañá este luns, en defensa das pensións e dos servizos públicos.
Antes de comezar o período de vacacións, no que saltaran a concentración de agosto.
"Farémolo con todas as precaucións, segundo as normas e recomendacións existentes. É o momento de que todas as persoas que deixaron de asistir regularmente nos dean a ledicia e a forza da súa presencia", apuntan dende a organización.
Estará a disposición de quen o queira adquirir o libro que editou a plataforma, coa súahistoria gráfica d: “VOCES GRAVES”. Un rexistro fotográfico destes tres anos.