Ceo gris e chuvia en Compostela
08:00 04/07/21
08:00 04/07/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 18 graos
Durante o domingo continuamos cunha circulación de ventos húmidos do suroeste. Con esta situación, agárdanse ceos moi anubrados ou cubertos, con posibilidade de chuvias febles e ocasionais, máis probables canto máis ó oeste. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso, agás na Mariña, onde haberá ascensos puntuais. Os ventos soprarán do suroeste, moderados en xeral.
En Santiago, agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios. Vento forte do Sudoeste o luns pola tarde.
Fuente; Meteogalicia