Galicia rebasa os 2.000 casos activos e hai unha leve subida en UCI
Galicia contabiliza 2.136 casos activos de covid, 142 máis que no anterior reconto, e suben lixeiramente os pacientes en UCI, ao sumar 11, dous máis.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.136 deles 597 son da área da Coruña, 230 da de Lugo, 254 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 359 da área de Vigo, 209 da de Santiago e 74 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 42 en unidades de hospitalización e 2.083 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.849 persoas curadas, rexistrándose 2.437 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.373.711.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.820.639.