jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Sábado gris en Compostela

Sábado gris en Compostela
Sábado gris en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 15 e os 21 graos

O sábado Galicia queda nun réxime de ventos do suroeste que traerá aire húmido. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con máis nubes na franxa costeira onde se poderá rexistrar algunha chuvia ocasional e con máis claros no interior. As temperaturas non terán cambios significativos . O vento soprará frouxo do sudoeste.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións o venres, o sábado pola noite e o luns pola tarde. En canto ás temperaturas, serán normais para as mínimas e baixas para as máximas respeto ó agardado para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán lixeiramente, a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o luns pola tarde.

Fuente; MeteoGalicia

Comentarios
Lo más