jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

O programa "Reencontros nas parroquias" finaliza cun encontro das mulleres que participaron nas distintas actividades

O programa "Reencontros nas parroquias" finaliza cun encontro das mulleres que participaron nas distintas actividades
O programa "Reencontros nas parroquias" finaliza cun encontro das mulleres que participaron nas distintas actividades

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; e os concelleiros de Políticas de Igualdade, Mercedes Rosón, e de Medio Rural, José Manuel Pichel, asistiron esta tarde ao "III Encontro de mulleres do rural" que celebrará no campo da festa de Figueiras, e no que estarán presentes as participantes do programa "Reencontros nas parroquias".

Este programa impulsado pola Concellaría de Igualdade en colaboración coa concellaría de Medio Ambiente, desenvolvéronse diversas actividades ao aire libre: andainas, obradoiros de risoterapia, obradoiros de autocoidados que serviron para tecer redes de apoio entre mulleres, imprescindibles para afrontar as secuelas que a crise sanitaria da COVID-19 deixou nas súas vidas.


Neste encontro interparroquial, as participantes compartirán as súas reflexións sobre as desigualdades de xénero e a necesidade do apoderamento individual e colectivo das mulleres a través de diferentes linguaxes artísticas ( música, teatro, baile…). Como broche final do evento terá lugar unha preestrea da peza documental "Esperanza" na que as protagonistas son as mulleres do programa "Reencontro nas Parroquias"; e na que irán narrando como transcorreu a súa vida desde que se decretou o estado de alarma até a actualidade. O encontro celebrarase cumplindo estritamente todas as medidas sanitarias e co máximo coidado e respecto pola saúde.

A través "Reecontros nas parroquias", enmarcado na segunda edición de Artellando Feminismo; desenvolvéronse obradoiros de autocoidado, de risa, roteiros, creación de pezas audiovisuais e outros materiais de divulgación das actividades programadas, etc. O programa, que agora remata con este encontro de mulleres no rural, levouse a cabo entre os meses de marzo e xuño nos centros socioculturais do rural: Lavacolla, Figueiras, Laraño, Marantes, Busto e Aríns. 

Comentarios
Lo más